Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
pobo3.jpg

 

Cando o equilibrio se perde Pobo esperta do seu letargo. Cos ollos cegos e sen orientación Pobo necesita respostas. Comeza entón a viaxe de Pobo a través dun mundo metafísico onde interectuará con todos aqueles conceptos que o despertaron do seu letargo, iniciando un ciclo que se repite unha e outra vez ó redor das relacións que mantén o Pobo cos diversos conceptos que él mesmo creou, é dicir, o Estado, a Democracia, o Exército, a Relixión e os Poderes do Estado. Contemplado como unha fábula audiovisual Estado e Pobo é o intento de reflexar a interacción social do conxunto dos individuos cando a estabilidade xeral se perde e se necesita un cambio.

 

Deseño por Arián Quinteiro